Reparacións finalizadas nas Piscinas Municipais

Dende o vindeiro 19 de Xuño poderanse utilizar durante un verán máis as instalacións das Piscinas Municipais, pero este ano, despois das reparacións realizadas nas mesmas, o número de feridas en pés e mans que deverán atender os socorristas espérase que disminua xa que se arranxaron os fondos e os laterais, nos que faltaban moitos mosaicos deixando bordes cortantes. Tamén se levou a cabo a substitución do firme de cemento que rodeaba a piscina grande por azulexos refacendo así os bordes deste vaso que estaban moi estropeados.

Aproveitaron a obra para renovar, na piscina grande, todo o sistema de cañerias das 4 duchas existentes, das fontes e do sistema de enchido da mesma piscina. Na piscina pequena soamente pintaron e arranxaron o firme da mesma o suficiente para poder ser utilizada.

2 comentarios sobre “Reparacións finalizadas nas Piscinas Municipais”

  1. Fendetestas no rigueiro escribiu:

    Xa era hora de que fizeran obras na piscina, mais polo que vexo ainda falta por reparar as pistas de tenis que tamen istan moi deixadas. E, cando xogas teis o perigro de deixarte o pe e nos desniveis que tein.
    Mais alegrome que pouco a pouco vaian facendo cousas por ela.Unha aperta.

  2. o capitan escribiu:

    as pistas de tenis estan arraxadas o final pareceme q qedaron ben,non o sey por q non xogo.O de por d¡cesped o redor da piscina e unha boa iniciatiba para q o ano q ven poñan o “cesped” de atras en boas condiciones.

Deixe un comentario