O Boteiro
Artigo de J.A.PINZA.
É o “Boteiro” un elemento esencial e imprescindible no entroido vianés; representativo dos danzantes satíricos, que aperturaban a farándula teatral e itinerante do teatro medieval.
Co seu colorido, e a vistosidade da súa traxe; é o persoaxe anunciador e representativo do Entroido nesta bisbarra, xuntamente coa “Mula”, “Fulións” e “Comparsas”, que á súa vez son lembranzas do teatro greco-romano ó aire libre, con rituais e matices relixioso-profanos e crítico-sociais, todos eles, xungidos á trebellos da labranza, as festas primaverais, que na antiga Grecia facíanse na honra das súas divindandes. Outros son os fins para os que se celebran na nosa terra.
Estas respresentacións teatrais, do mesmo xeito das nosas comparsas, completábanse con música e danzas impulsadas pola vitalidade e ledicia do bo viño e ó carón dun bo xantar daquela data, ó que hoxe na bisbarra de Viana festexamos coa Festa da Androlla.
Centrando a nosa atención no BOTEIRO, este debe mante o seu anonimato ata o final de cada actuación, é intanxible e manteñedor da orde da comparsa; a súa face vai cuberta cunha respetuosa máscara de madeira rematando nun altivo cadro ou mitra. A camiseta de abraiante colorido, está tupida de cintas de raso de multitude de cores formando sempre unha figura alusiva, plantas, animais ou ben dibuxos xeométricos. É de resalta-la cantidade de cinta que leva, chegando nalgúns casos a superalos mil cincocentos metros e o seu valor económico supera-los mil oitecentos euros. Remata axustada ó corpo cun cinto de coiro no que se fixan de 8 á 12 esquilas que emiten o mesmo son, aindaque que en distintos tonos ás que o boteiro debe saber mover para conquerir deste xeito o són axeitado ó feito e ó lugar. Os calxón son de un só cor que rematan nuns flecos doutro, ós que seguen as leguis, cos botas trotadoiras.
Este conxunto, e maila monca para apoio e como instrumento amedrentador; forman o BOTEIRO, de quen se espera sempre bravura e virilidade, saltos e runquidos, abrir paso, solicitar permiso e protexe-los fulións, comparsas e desfraces, e todo aquel que dunha forma activa, participa no entroido vianés.
J.A.PINZA