Entroido 2008
Xa temos aquí o entroido de este novo ano 2008, xa temos o novo cartel (feo o meu parecer) e tamén temos unhas ganas enormes de que cheguen estas fechas de folión, festa e fariña, as tres efes.
Aínda que non temos o programa de este ano, supoñemos que a cousa irá polos mesmos trazos que os outros anos:
- Xoves 24 de xaneiro, Xoves de Compadres:
Neste dia os rapaces xa podemos botar fariña ás rapazas, iso si, sempre con educación e boas formas. É o día no que se coloca o lardeiro, ou compadre, no mastro da plaza do pobo, que o martes será queimado xunto coa lardeira.
- Xoves 31 de xaneiro, Xoves de Comadres:
E neste dia son as rapazas as que poden botar fariña ós rapaces e coa mesma educación que o xoves pasado. Nesta ocasión correspóndelle a lardeira ser alzada no mastil a carón do lardeiro presidindo a praza e esperando a queima do martes.
- Venres 1 e Sábado 2 de febreiro, Festa nocturna:
O que teñen estas dúas noites e moita festa, folións tocando toda a noite e moita fariña por todos os locais e rúas do pobo e o mellor a xente dándoo todo pola festa, participando na fariña, no folión e sendo parte do pobo, non se pode explicar, tes que vir a vivilo.
- Domingo 3 de febreiro, Festa da Androlla:
Este dia celébrase un o desfile típico do domingo gordo ou domingo de entroido, con pasarruas, carrozas, comparsas e os mellores folións da zona, de Viana, Fradelo, Vilarmeao, Santa Mariña…
Tamén se pode probar a Androlla, ese embutido de costela adobada típico de Viana, na praza do pobo con una pequena degustación gratuíta de androlla, chourizo un anaco de pan e un vasiño de viño.E para os que queiran seguir disfrutando da festa poden acudir o pavillón polideportivo municipal no que se celebra a edición XXXVIII da Festa da Androlla, unha comilona que ven sendo caldo, cocido e cabrito acompañados con viños, postres e licores da zona. Un gran menú por un prezo, que en edicións anteriores rondaba entre os 15 e 18 euros, nun local a cuberto do frío e cunha asistencia de unhas 2000 persoas.
- Luns 4 de febreiro, Luns de Entroido:
O luns suelen celebrar o entroido para os mais cativos, con xogos e actuacións de algún mago, como o Mago Teto, ou algún grupo de paiasos, na praza maior do pobo.
- Martes 5 de febreiro, Martes de Entroido:
Este é o dia no que pechamos o entroido, no que queimamos os lardeiros colocados os xoves de compadres e de comadres na praza o son do folión que derramando os últimos puñados de fariña antes das 12 da noite, hora na que arde o entroido.
- Mércores 6 de febreiro, Mercores de Cinza:
O dia da sardiña, a que sacamos a pasear polas rúas da vila e chorando despedímola ata o ano seguinte. Rematamos o enterro na Plaza do Cabo da Vila, na zona mais antiga de Viana as carón da torre do homenaxe e alí poderemos degustar sardiñas a prancha con un grolo de viño mais algunha torrexa de postre, todo gratis.
E así transcorre un entroido en Viana, aínda que isto é un resumo de todo o que realmente podedes vivir si vos pasades a visitarnos.
Déixovos unha imaxe (extraída do poboado de Viana en lycos) do cartel do entroido deste ano, feo para o meu parecer e pouco profesional: Cartel do Entroido 2008
21 de Xaneiro, 2008 - 23:02
AUPA ATLETHI
21 de Xaneiro, 2008 - 23:21
AUPA VIANA DO BOLO,las mejores fiestas del mundo,y lo digo yo que no soy un cualquiera
30 de Xaneiro, 2008 - 20:49
O mellor entroido de galiza…
O mellor entroido de galicia segun din os que o visitan…
7 de Febreiro, 2008 - 16:18
jajaja….as rapazas os rapaces non lle tiran nada de fariña…
os rapaces as rapazas si…os homes mandamos as mulleres non!!!
viva petin!!
PETIN,UN POBO DE CINE!!
21 de Febreiro, 2008 - 13:41
Necesito que me recomienden un sitio para comer bién el sábado. Agradezco que me faciliten un medio de contacto para reservar.
Enhorabuena por su blog.
25 de Febreiro, 2008 - 13:49
rapaces e carcamales ……..komo nos gusta cuando nos acarician sensualmente retozandonos en fariña con los ojos pechadiños imaxinando ken pudera ser…..?????????pois bennn. a ver si aprendemos a disfrutar das ventajas de estas fechas sobretodo a los ke no teneis oportunidad de acariciar ni una soloa muller gratis. aprended y pensad en ello ya ke afogar presionar y facer daño…no son las virtudes ke tenemos …no?????
a ver si aprendemos de los mais novos kon ke cariño nos polvorean…carrozas! no desperdicieis las pokas ocasiones de ACARICIAR mulleres ke os kedan sin ke tengan estas ke ponerse AGRESIVAS.espero ke se entienda el mensaje……… asi si ,verdad ? bien x el amarillento mmmmuuuuuuuuuuuuuak