Comunicación do Concello referente as obras.

Transcribimolo texto distribuido polas ruas da Vila:

Tocante ás notas aparecidas reciente polas rúas da Vila, relativo ás obras de remodleación da Praza Maior, este concello ante a confusión intencionada que se trata de dar ós contribuintes, ten a ben de informar que:

No que respecta ó cableado, na data 14-11-2003, baixo o número de rexistro 03/1669, puxémonos en contacto con FENOSA e CIA. TELEFÓNICA para tratar esta posibilidade sen que os resultados fosen positivos e sen fose posible nen procedente que o concello acometese estas obras.

Todo o cableado de propiedade municipal será canalizado e renovadas tódalas farolas.
Non se pode culpar a esta entidade de falta de negociación nen de haberse esquecido deste problema.

No tema de contenedores en ningún momento se lle escapou a esta alcaldía o interese dos mesmos, así se lle fixo saber á Conselleria no seu momento, e na visita do Sr.Conselleiro voltamos novamente a facer esta petición, que foi ratificada polos propios concelleiros do seu grupo. Con data 08.05.06, novamente se lle recorda ó Sr. Conselleiro esta necesidade, tal como se demostra na copia do escrito que seguidamente se incorpora, sen que a esta data teñamos contestación algunha.

Neste concello somo conscientes de que tódalas obras son mellorables e que sempre se poderían facer cousas a máis, por qué non pedir tamén un parkin subterrano…, nembergantes en cada momento é factible o que é posible, e non se pode facer máis do que se pode pagar.

Agradecemos a comprension e chamadas daquelas persoas que entenden e se senten satisfeitos con esta obra, tan necesearia e por outra banda dunhas dimensions económicas ás que non estamos acostumbrados.
Viana do Bolo 15 de maio de 2006.
Firma o Alcalde Andrés Montesinos.

14 comentarios sobre “Comunicación do Concello referente as obras.”

  1. Galileo escribiu:

    En Viana siempre pasa lo mismo, en cuanto existe una iniciativa para mejorar el pueblo y revitalizarlo (porque esta más muerto que vivo) ¡¡zas!!! a criticarlo y a ser posible a mierdarlo, el caso es joder por joder. Seamos serios, nadie hasta ahora había hecho NADA por la villa… esta igualita que hace 35 años y ya son años, con la diferencia que ahora es más decadente que entonces. Da pena Viana, así cuando supe de esta iniciativa para renovar la plaza no pude por menos que alégrame. Seguramente se podría hacer mucho más pero de donde no hay no se pude sacar, y oigan… ¡¡NO HAY!! Creo que lo importante es empezar y que poco a poco se vaya modificando la villa, mejor eso que NADA
    Un saludo

  2. sinsonido escribiu:

    No podemos quedarnos con los brazos cruzados, está bien lo que hacen, pero se podria hacer mejor, y lo que es mas importante, antes. Esa pasividad ya no lleva a nada, es el tópico gallego a que se le viene todo encima y dice: “que lle imos facer…”. Habrá que ejercer un poco de presión, esto lo tiene que tener asumidos todos los politicos, que siempre va a haber un gran número de personas presionando y controlando todo lo que hacen y esto no ha sido así en Viana durante mucho tiempo, supongo que es una de las razones, o un punto a tener en cuenta, de la situación actual de Viana.

  3. nota discordante escribiu:

    Sexamos razonables, nin Viana dá pena como di Galileo, nin Viana é unha cidade como nos intentan crer outros. Baixo o meu punto de vista tampouco é “que lle imos facer”, simplemente deberiamos ser realistas. Benvidas sexan todas as melloras que se fagan na vila, pero tampouco podemos optar ao que aínda se está a facer nas principais cidades galegas.

  4. ana escribiu:

    “nadie hasta ahora había hecho nada por viana”, serache ben certo; “con la diferencia que ahora es más decadente que entonces”, bueno, entón vai ser que igual si que fixeron algo por ela; decir que se fan cousas non se ten porque entender sempre que se fan ben. E eso que na maioria destes anos permitímonos o luxo de estar representados polos mesmos de agora. ¡Non Hai!, seguramente tamén sexa asi pero… ¿para qué non hai?;as críticas constructivas sempre deberian ser ben recibidas ainda que sexan por parte dos menos; igual é que hai xente que se vai cansando de estar calada sobre todo cando leva “35 anos” vendo que sempre pasa o mesmo, para os mesmos.

  5. sinsonido escribiu:

    ¿Porqué non se renova o saneamento? Están a multar a granxas por filtracións de purines cando a rede de saneamento do pobo incumpre esas mesmas leis de medio ambiente.

  6. un xoven vianes escribiu:

    Eu flipo con estes comentarios!!asi que aora q queren arreglar a plaza, todo son queixas, e que eu sepa cando se fixo a rotonda do boteriro no toural naide dixo nada, e mira que esta mal feita. Porque non me digas ti que non quedaria mellor con cesped e non cn pedras. A demais sempre son os mesmos os que protestan. Penso que a xente de viana excluindome eu non se conforma con nada, porque vivamos no rural non podemos levar iniciativas que melloren a vila? que pasa que imos a estar atrasados toda a vida?
    E isa tonteria de que os comerciantes non queren que a plaza sexa peatonal, non sei donde a sacan, porque eles non son os donos do pobo, e penso eu que a xente de viana tamen ten dereito a dedicir ainda que non teña “negocios”, xa que todos pagamos impostos, ou non e asi? i gual que o dos taxis, non estan ben onde estan? senon que non se cambiaran.
    Se e o que digo eu, os galegos somos asi. Naide esta conforme nsta vida!!
    Cada vez me da mais pena isto. So espero que isto vaia adiante!!!
    un saudo da xuventude de viana, somos o futuro!!!

  7. sinsonido escribiu:

    Creo que ninguén está en contra da reforma da praza, todos estamos a favor, por suposto que é unha gran obra, e que vai mellorar moitisimo o aspecto da vila. Pero paréceme que seria peor si a xente non se movera e todos nos conformáramos co, pouco ata ahora, que se fai na vila.
    Para o meu parecer a reforma chega tarde, e poderiase facer mellor.
    Paréceme xenial a obra que se está a levar a cabo, espero que se remate sin problemas, que non pase como os muiños de pradocabalos, que levan un ano co cartel de: “Prohibido paso a persoal alleo a obra”, e non hai obra ninguha, teño entendido que se acabou o diñeiro pa esa obra a así quedou, a medio rematar.

  8. un vianes escribiu:

    Solo queria decir q o dos muiños eu persoalmente nn vin nada do q decides estiben ali duas ou tres veces e nn vexo q quedara a medio rematar.E verdade q despois do remate das obras estibo a entrada pechada pero xa leva tempo q se pode andar por ali.Sinsonido cando poda mandoche unhas fotos dos muiños pa q o vexas portate ben co inquikilino q vai ir esta semana pa tua casa jaja.Persoalmente alegrome de q por fin se faga algo e espero q nn sea a ultima cousa q se faga e sigan saindo proxectos para q o pobo mellore.Un saudo A TODOS OS VIANESES!!!!

  9. sinsonido escribiu:

    Bueno, eu tiña entendido que o primeiro muiño ivan a restauralo igual que o outro e que lle ivan a arranxar tamen a caldeira que levaba auga a el. E logo o tercer muiño, o que está o outro lado da ponte.
    Tampouco entendo porque tardaron meses en retirar as vallas que facian parecer que estaba en obras cando non o estaba. Si realmente non estaba en obras ¿Porque deixaron alí todo eso durante todo o verán?.
    A min dixeronme que se acabara o diñeiro para a obra, e que non se podia finalizar. Ahora que retiraran as vallas a a deixaran así… vale, pero sigo entendendo que non se realizou todo o que estaba no proxecto.
    O inquilino que teño aquí xa se pode portar ben, sinon durme no patio de luces.
    un saudo.

  10. non saio do asombro escribiu:

    Xa presaxiaba eu que estas obras ían dar que falar, pero tanto? Segundo as miñas últimas fontes, produciuse un altercado entre curioso e estúpido esta mesma noite. E é que un dos que van de ricachóns do pobo, dos que se colean a diario polo praza, deulle por arrincar as últimas pedras que colocaran onte os obreiros, pois ao seu parecer non quedaran ben postas. Tonta de min, que aínda descoñecía que a ignorancia non tiña límites.
    Sr. —— (si, poño seis raias), tan pouco tes que facer para virnos tocar as narices (ou neste caso as pedras)?

  11. un xoven de viana escribiu:

    Que vergoña!! A noticia do día de hoxe: Onte un home A….. (se se lle pode chamar asi) non tiña outra cousa que facer que se puxo a arrincar as pedras da praza entre os aplausos de outros dous homes (….. e ……)da sua calaña. Estes homes son dos que van pola vila como se foran os donos dela, e ainda encima logo teñen a vergoña de protestar e opinar cando se leva a cabo algunha iniciativa.
    Nestes momentos dariame vergoña de ser de viana, xa que menudas xentes que temos, pero a verdade penso que estes sin vergonzas son a minoria e non representan a xente do pobo.
    O que tiña que facer o alcalde era polos no medio da praza da vila e que pediran perdon dinate de todos os vianeses a ver se asi se lle caia a cara de vergoña!!! E logo estes tipos ainda iran ca cabeza moi alta, que pena me daria ser fillo seu, cairiaseme a cara da vergoña.
    Espero que as obras rematen sin ningun incidente mais, ainda que non o creo porque co tipo de xentes que temos na vila…
    Un saudo, e haber se no vrao podemos pisar a nova praza peatonal!!!

  12. sinsonido escribiu:

    Pois o final, as pedras quedaron colocadas como devia ser, os medios, ou procedementos, non foros apropiados, pero o fin conseguiuse.
    Xa que aquí ninguén di cal foi o motivo polo que se lles ocurriu mover as pedras, pois ben, o caso é que unha das liñas imaxinarias que seguen as pedras que estaban colocando os operarios estaba mal feita xa que non remataba no medio do pilón, como todas as demais liñas, e seguia unha direción desprazada unhos 40cm do centro do pilón. Tras colocar as pedras esto podria producir un efecto de feismo notable.
    Estou totalmente de acordo en que o fin non xustifica os medios, que non foron adecuados neste caso, pero ahora resulta que grazas a esta intervención nocturna destes tres personaxes (Aseguranceturix, Asterix e Obelix, polo que move as pedras) o final, a liña quedará ben feita.
    Polo menos deronnos de que falar durante unhos dias. Creo que non hai que darlle mais importacia da que ten.
    Un Saudo.

  13. galego escribiu:

    Seguro que si os que levantaran as pedras foran xovenes fijo que serian tratados coma delincuentes e bandalos, pois se o que queremos e igualdade e xustiza, eles terian que ser tratados do mesmo xeito. Porque ainda encima os adolescentes ainda teñen perdon, pero que o fagan uns homes que xa deberian ser suficientemente maduros, en fin sin comentarios….
    Por outra banda o señor que levantou as pedras que vai de arquitecto? por que non o entendo, e se o que el viu que estaba mal posto, o que tiña que facer era decilo no concello e non tomala xusticia pola sua man.
    Un saudo para todolos vianeses.

  14. sinsonido escribiu:

    Tampouco hai que ser arquitecto para ver que todas as liñas da praza van o centro do pilón e logo ai unha que está mirando pa Burundi carallo. ¿E porqué despois a deixaron?.
    Eu digo que os medios non son os correctos, en iso estamos todos de acordo. Que si viu un erro o que deveria facer e ir o concello, por suposto, eu non lle quito culpa.
    ¿Bandalos?¿Romperon algo?¿Roubaron algo?¿Descolocaron algo?¿Cal é o problema que probocaron nas obras?¿Ahora non se pode seguir cas obras ou que? fixeron un traballo que deverian facer os operarios, a mi o que mais gracia me fai, aparte de todo o que se está a falar do tema, que o final a pedra vai quedar ben posta.
    Saudos.

Deixe un comentario