Archivo de la categoría "Entroido"

Entroido 2008

Mércores, 16 de Xaneiro de 2008

Xa temos aquí o entroido de este novo ano 2008, xa temos o novo cartel (feo o meu parecer) e tamén temos unhas ganas enormes de que cheguen estas fechas de folión, festa e fariña, as tres efes.

Aínda que non temos o programa de este ano, supoñemos que a cousa irá polos mesmos trazos que os outros anos:

- Xoves 24 de xaneiro, Xoves de Compadres:

Neste dia os rapaces xa podemos botar fariña ás rapazas, iso si, sempre con educación e boas formas. É o día no que se coloca o lardeiro, ou compadre, no mastro da plaza do pobo, que o martes será queimado xunto coa lardeira.

- Xoves 31 de xaneiro, Xoves de Comadres:

E neste dia son as rapazas as que poden botar fariña ós rapaces e coa mesma educación que o xoves pasado. Nesta ocasión correspóndelle a lardeira ser alzada no mastil a carón do lardeiro presidindo a praza e esperando a queima do martes.

- Venres 1 e Sábado 2 de febreiro, Festa nocturna:

O que teñen estas dúas noites e moita festa, folións tocando toda a noite e moita fariña por todos os locais e rúas do pobo e o mellor a xente dándoo todo pola festa, participando na fariña, no folión e sendo parte do pobo, non se pode explicar, tes que vir a vivilo.

- Domingo 3 de febreiro, Festa da Androlla:

Este dia celébrase un o desfile típico do domingo gordo ou domingo de entroido, con pasarruas, carrozas, comparsas e os mellores folións da zona, de Viana, Fradelo, Vilarmeao, Santa Mariña…

Tamén se pode probar a Androlla, ese embutido de costela adobada típico de Viana, na praza do pobo con una pequena degustación gratuíta de androlla, chourizo un anaco de pan e un vasiño de viño.E para os que queiran seguir disfrutando da festa poden acudir o pavillón polideportivo municipal no que se celebra a edición XXXVIII da Festa da Androlla, unha comilona que ven sendo caldo, cocido e cabrito acompañados con viños, postres e licores da zona. Un gran menú por un prezo, que en edicións anteriores rondaba entre os 15 e 18 euros, nun local a cuberto do frío e cunha asistencia de unhas 2000 persoas.

- Luns 4 de febreiro, Luns de Entroido:

O luns suelen celebrar o entroido para os mais cativos, con xogos e actuacións de algún mago, como o Mago Teto, ou algún grupo de paiasos, na praza maior do pobo.

- Martes 5 de febreiro, Martes de Entroido:

Este é o dia no que pechamos o entroido, no que queimamos os lardeiros colocados os xoves de compadres e de comadres na praza o son do folión que derramando os últimos puñados de fariña antes das 12 da noite, hora na que arde o entroido.

- Mércores 6 de febreiro, Mercores de Cinza:

O dia da sardiña, a que sacamos a pasear polas rúas da vila e chorando despedímola ata o ano seguinte. Rematamos o enterro na Plaza do Cabo da Vila, na zona mais antiga de Viana as carón da torre do homenaxe e alí poderemos degustar sardiñas a prancha con un grolo de viño mais algunha torrexa de postre, todo gratis. 

E así transcorre un entroido en Viana, aínda que isto é un resumo de todo o que realmente podedes vivir si vos pasades a visitarnos.

Déixovos unha imaxe (extraída do poboado de Viana en lycos) do cartel do entroido deste ano, feo para o meu parecer e pouco profesional: Cartel do Entroido 2008

Los Concellos valdeorreses estudian crear una mancomunidad turística

Venres, 11 de Xaneiro de 2008

(Fuente | La Voz de Galicia)

El Gobierno Central tiene unos fondos para infraestructuras turísticas a los que sólo se puede optar creando una mancomunidad. Este es uno de los motivos por los que los alcaldes de A Veiga, O Barco y Petín (los tres del PSOE) pensaron en la posibilidad de crear un ente turístico que aglutine a toda la comarca de Valdeorras, pero no el único. El alcalde barquense -quien será el anfitrión de la primera reunión convocada para estudiar la propuesta- aseguró ayer que se trata de un primer paso para comenzar a trabajar en conjunto por un sector que «se debe de plantear en un ámbito comarcal». Y aún más allá.

Leer el resto de la entrada »

I Xornada sobre “O Entroido”

Xoves, 22 de Febreiro de 2007

I Xornada sobre O Entroido A plataforma para o estudio e difusión do Entroido organiza este Sábado no Ateneo de Ourense unhas xornadas para dar a coñecer a plataforma con distintas ponencias, xornada de traballo e a presentación de www.entroido.org.

Programa para o Sábado 24 de Febreiro:

Mañá: 11:00 a 13:00h. Xornada de Traballo.

Tarde:

17:00h. Ponencia:
AS CARAS DO ENTROIDO OURENSA.
Xosé Antonio Fidalgo Santamariña.
Prof. de antropoloxía social.
Universidade de Vigo.

17:30h. Presentación:
PLATAFORMA PARA O ESTUDIO E DIFUSIÓN DO ENTROIDO.
Xesús Losada Laxe.
Mestre.

17:45h. Presentación:
ENTROIDO.ORG
Daniel Rodríguez Enríquez.
Titulado en xestión cultural.

18:00h. Clausura:
Xosé Carlos Sierra Rodríguez.
Delegado da Conselleria de Cultura en Ourense.

Xoves de Compadres e o lardeiro xa está colgado.

Xoves, 8 de Febreiro de 2007
Lardeiro 07
Foto extraida de “pobladores viana

Artículo no suplemento de Viaxes de “El Mundo”

Xoves, 8 de Febreiro de 2007

Existe un artículo sobre os canavales de Viana nun suplemento do diario “El Mundo” no que se fala sobre os contidos da nosa festa mais sonada. Pero o autor do artículo non parece estar moi enterado de como se vive o entroido en Viana. Non fala da fariña, parece ter equivocados os conceptos de lardeiro, lardeira, xoves de compadres, xoves de comadres, “macos”. Fecha o dia da desgutación de Androlla para o martes de carnaval… En fin uns cantos erros.

Quizais o concello deveria invitar a este señor César Justel a pasar os carnavales en Viana e así poderia escribir con coñecemento da festa.

Artículo de El Mundo

Entroido 2007

Luns, 5 de Febreiro de 2007

Entroido 2007Programación dos Carnavales:

8 de Febreiro Xoves de compadres:

- Colga do Lardeiro

- Folións e fariñada polas rúas.

- Charanga.

15 de Febreiro Xoves de comadres:

- Colga da Lardeira.

- Folións e fariñada polas rúas.

- Charanga.

17 de Febreiro Sábado de Entroido:

- Folións e fariñadas polas rúas.

- Charanga.

18 de Febreiro Domingo de Entroido Festa da Androlla.

- 11.30 Pregón oficial na praza Maior por Sarabela Teatro.

- Desfile de boteiros, folións, comparsas e carrozas.

- Tarde noite: Folións polas rúas.

- Orquestra ACIREMA na praza Maior.

20 de Febreiro Martes de Entroido.

- Folións e Fariñada polas rúas.

- Orquestra SOLAMÉRICA.

21 de Febreiro Mercores de Cinza.

- Enterro da Sardiña.

Ultimas noticias sobre el documental “Harina en la Piel”

Luns, 23 de Outubro de 2006

Ultimas noticias sobre el documental:

Un canal Israeli nos ha comprado el documental. Dentro de una par de meses, gente a miles de kilometros de Viana estara viendo nuestros carnavales…
Por otro lado el documental sera mostrado en el festival de cine de Amsterdam, dentro de un par de semanas. Esta vez yo no podre ir a presentarlo, Raj, el director, sera el que lo introduzca a la audiencia holandesa.
Ya os dare mas noticias segun vayan pasando

Gracias otra vez por los correos de apoyo que recibimos.

Documental “Fariña na Pel” entre os mais vistos na web do canle 4 de UK

Luns, 16 de Outubro de 2006

Harina en la Piel

El enlace a la web del canal cuatro para ver el documental es el siguiente:
http://web.channel4.com/fourdocs/film/film-detail.jsp?id=17942#

Desde aí podrás ver y votar el documental realizado por una productora inglesa.

Cristina Fernández Hernández: `El Entroido vianés es algo vivo´

Venres, 9 de Xuño de 2006

Una grabación del Entroido vianés, que realizó la emigrante Cristina Fernández, competirá con los mejores documentales europeos en el concurso de Parnu (Estonia). Hace algo más de un lustro que Cristina Fernández Hernández trabaja en Inglaterra. Pero, fiel a su pueblo natal, regresa todos los años a Viana para vivir el Entroido. Su pasión por esta fiesta la reflejó en el documental “Harina en la piel”, seleccionado para participar en el festival de Estonia.

Leer el resto de la entrada »

Galería de imaxes

Venres, 10 de Marzo de 2006

Xa temos a galería de imaxes outra vez operativa, con todas as fotos que tíñamos máis as que me enviaron Mario e Noela do entroido deste ano.

[thumb:114:l:l=g][thumb:125:l:l=g][thumb:126:l:l=g]

[thumb:135:l:l=g][thumb:121:l:l=g][thumb:136:l:l=g]