Asociación sociocultural e recreativa os Lobos do Bibei

[album:37,6:c:s=0]
A Asociación sociocultural e recreativa os Lobos do Bibei nace na primavera do ano pasado caracterizada pola preocupación pola posta en valor do medio rural dende a actividade que nos une como asociación que é o gusto polo vehículos que se relacionan coa natureza, bicicletas, quads, motos. Esta afirmación pode semellar contraditoria se consideramos as novas que aparecen nos xornais relacionadas con actividades de motor e natureza. A nosa asociación ten un marcado carácter rural e ecolóxico. Entendemos a relación máquina contorno dende unha perspectiva respectuosa e, na que a máquina serva ao propio contorno para o seu desenvolvemento.

Durante o ano 2006 realizamos varias actividades, saídas de coñecemento do contorno, traballamos sen estar coordenados na defensa do monte contra o lume , localizamos varios vertedoiros incontrolados de lixo diverso como rodas, electrodomésticos , realizamos unha concentración de quads e formalizamos a asociación redactando os estatutos e presentándoos na Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte.

Durante o 2007 realizaremos varias actividades:
Culturais: aquelas que contribúan á localización e catálogo de elementos patrimoniais , pontes, pontóns, muíños, fornos, pisóns (batáns). Realización de inventario fotográfico e catálogo de construcións relevantes dos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Realización de rutas de sendeirismo e de motor (estas últimas por camiños ao efecto) nas que se inclúan como eventos ditos lugares do noso patrimonio.
Ecolóxicas: Localización de vertedoiros incontrolados e limpeza dos mesmos levando o lixo a zonas que teñan ao efecto os concellos. Limpeza e recuperación de antigos camiños que na actualidade están cheos de monte e intransitábeis.

Queremos facervos chegar imaxes dunha das actividades que realizamos o 5 de maio , nós chamámolo “sábados verdes”. Espero que publiquedes algunha imaxe a ver se fonde o exemplo e a xente deixa de pensar que somos nós os que “destruímos” o monte e non eles enchéndoo de plásticos e outros materiais que perduran eternamente, e que lle fan bastante mais dano que os nosos pneumáticos nos camiños.

Datos de contacto de la asociación:

CELTAVENTUR@
Tlf. 988 34 00 90
Viana do Bolo (Ourense)

Deixe un comentario