As obras non contemplan o cambio das canles de saneamento.
Realizase unha recollida de sinaturas por parte dun grupo de cidadáns indignados, para solicitar que, xunto coas obras de canalización do gas natural e a renovación das canles de augas fluviais, sexa realizada unha renovación nas canles de saneamento.
Tamén solicitan que os cables de tendido eléctrico que actualmente penduran das fachadas das casas, aproveitando as obras que se están a realizar en todo o pobo, sexan soterrados. Así como deixar as canles suficientes baixo terra para que se poida instalar en vindeiros anos o cableado de fibra óptica por parte da compañia do sector R. Outro aspecto que queda pendente e que tamén se solicita, é a instalación de contenedores do lixo subterraneos que favorecerían o enbellecemento da praza e do casco antigo da vila.