Articulo de CABO DA VILA na Voz de Ourense
CABO DA VILA, ROCK OURENSÁN
Existen en Ourense numerosas formacións musicais na busca dunha oportunidade de seren escoitadas. Un destes grupos é “Cabo da Vila”, integrado por Samir, Javier, Toni e Marcos, catro mozos naturais de Viana do Bolo que levan xa seis anos intentando darse a coñecer.
Ardentes defensores do rock, falan da vida nas súas composicións e de seguro han de gustarlle ós fans e siareiros de Los Suaves, o grupo Ourensán máis internacional ata agora.
“Cabo da Vila” leva sacados ó mercado xa tres maquetas pero para xuño do ano que ven pretenden editar o seu primeiro disco “en serio” para poder chegar a un público máis amplo.
Ofrecerán un concerto en Viana do Bolo en decembro e no mes de xaneiro teñen previsto actuar en Ourense no pub “John Mulligan” onde os ourensáns poderán apoiar a este grupo local ó tempo que desfrutan e descobren con “Cabo da Vila” esa forma de senti-la música que fixo famosos a Los Suaves, Extremoduro ou Rosendo, entre outros. Rock do bo ” made in Ourense”.
(La Voz de Ourense - 26 NOVIEMBRE 2006)