Ruta das Adegas
Sábado, 15 de Decembro de 2007Xa nos podemos apuntar, todo o que queira, a participar nesta ruta das adegas polo cabo da vila. Celebrarase o dia 28 de decembro, venres, e este ano subirón un pouco o precio por mor dos pinchos, a subida do pan…. Ista é dunha das troulas mais esperadas polos vianeses nestas datas de nadal e o precio da inscripción será de 6′50 € co que teras dereito a dous viños e un “bo” pincho por adega, esperemos que sexan bos os pinchos e non nos deixen con fame, e rifaranse agasallos. Haberá 5 adegas do cabo da vila que supoño que serán as mesmas, mais ou menos, que nas pasadas edicións. Tamén, coma sempre, a inscripción pódese facer nos locales habituales (Bar Caracas, Chiricahua e Gran Bazar) mais en Viana Gestión e non olvidedes levar un trapo de cociña ou un mandil.Na galeria fotográfica podedes ver algunhas fotos da edición do 2006.