A NOITE DAS FERREÑAS

A Noite das FerreñasA Asociación de Mulleres Rurais de Viana organiza (coa colaboración do Concello) unha xornada de Música Tradicional Galega que terá lugar o vindeiro Xoves día 10 de agosto ás 22:30 horas na Praza Maior.

A Banda de Gaitas de Viana fará un percorrido polas rúas da vila, para dar paso ás actuacións na Praza Maior de diferentes agrupacións entre as que xa están confirmadas:

- Banda de Gaitas do Concello de Viana

- Gaiteiros de Oimbra

- Cantareiras de Oimbra

- Pandereteiras das Mulleres Rurais Toxos e Xestas de A Gudiña

- Cantigas de Cego, interpretadas por Luisina, Chata e MARYLUZ de Verin

- Pandereteiras da Asociación Cultural Candea de Viana

- Agrupación de Gaiteiras de A Gudiña

- Pandereteiras de Mulleres Rurais Bibei de Viana do Bolo

- Agrupación Abertal de A Rúa: Pandereteiras e Danza.

Todos estos grupos foron convidados pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei de Viana a participar neste singular evento musical, e a organización agarda que se incorpore algún grupo máis.

1 comentario sobre “A NOITE DAS FERREÑAS”

  1. Jose neves escribiu:

    no es um comentario mas um pedido
    por favor me envie e-mail da banda de gaitas do concelho de viana do bolo

    gracias
    Jose Neves

Deixe un comentario